… LEVACHE A PLANTEARTE DESEÑAR
E FABRICAR A TÚA PROPIA FÁBRICA DE CERVEXA.
En 2012 Luís Portabales monta a súa primeira fábrica de cervexa para terceiros. A experiencia gustou tanto a ambas as partes que durante o seguintes tres anos foron 12 máis as creacións ao longo e ancho de España e Portugal. É nese momento onde Luís se vé coa experiencia e coñecementos necesarios para crear Esmorga, que tras dous anos de intenso traballo ve a liza como á maior cervexa artesanal de Galicia.

NON SOMOS UNHA CERVEXA DE GARAXE,
NON SOMOS UNHA CERVEXA INDUSTRIAL…
SOMOS ESMORGA
Ofrecemos unha cervexa de alta calidade a un prezo axustado, grazas á nosa capacidade para elaborar 6000 litros ao día.
A nosa planta de elaboración está totalmente automatizada, garantindo así a homoxeneidade entre lotes do produto e permitindo unha inmellorable relación calidade/prezo.
Somos unha cervexa de proximidade, sen grandes e custosas campañas de márketing nin gastos superfluos de distribución. Iso fainos ser competitivos a pesar da alta calidade dos nosos produtos.